AA.VV
U$ 10,38 9,80 €
U$ 10,38 9,80 €
Corações de Galiza, Portugal, Brasil e Angola pulsando,
batendo e emocionando na mesma lingua con «sotaques»
diferentes.
[Fragmento do limiar, de Uxía]
CoraSons é unha experiencia artística que xurdiu nas redes sociais
e inicialmente materializouse nunha exposición de fotografías
de Isabel Leal e nun recital coa participación de varios músicos
na Casa das Crechas de Santiago de Compostela.
A ese encontro seguiulle un concerto celebrado na Illa de Arousa
ao que se sumaron máis de 40 intérpretes e que se plasmou
nun documental gravado por Paco Abelleira. Agora, da man
de KALANDRAKA, o proxecto que dirixe Uxía convértese
nun libro-cd-dvd con 19 temas e cunha película de hora e media.